11.5.07

ALGO QUE NON VAI...


Algo non vai ben hoxe...chove moito, fai frío e está todo gris. Teño ganas de agocharme dentro do armario ou debaixo da cama...sempre este silencio...no estudio, na casa...hoxe teño medo, quedo paralizada, creo que o meu Girasol morreu, ten as flores pechadas con forza...doe míralo.

Algo non vai ben hoxe...non teño ganas de falar, non teño ganas de facer nada, leo o cuestionario de From Hell que reponde a pregunta "estado de espirítu?" con un rotundo "deprimido" que agora retumba nas paredes da miña casa...eu non estou deprimida, simplemente non estou, deixei de existir por un tempo, colgeime como o meu portátil nos peores momentos.

Algo non vai ben hoxe...creo que estou deixando de existir. Quedo sentada no sofá coa luz apagada e fiestra aberta, protexida pola cortina escoito a vida de fora, os coches, as nais e os nenos, as señoras, todos pasán rápido a choiviña debe estar ben fría...

Algo non vai ben...Penso si tarderei moito en volver a existir e que farei mentres non existo? non quero chamar a ninguén para que veña a comprobar a miña inexistencia sería de moi mal gusto...Penso para que servirá todo isto? o de existir ou deixar de facelo...penso nas personas que existen para min, algunas sin sabelo...na intensidade da súa existencia na miña minúscula, translúcida, inevitable vidiña.

2 comentarios:

From Hell dijo...

Non serei eu quen che diga algo para animarte, pois tan só conseguiría deprimirte máis...
pasará...seguro.
saúde e ánimo.

Anónimo dijo...

muchas felicidades guapa!acabo de leerlo...te mando una bombilla virtual llenas de ideas luminosas y de buenos deseos...besinos!