22.7.08

o paxaro na boca

Os teus paxaros choven miudiño
sobre das miñas arbres e tamén
sobre destes meus beizos que che cantan
Eu fago conta de que son de terra
ou son unha silveira no teu colo
na túa beira de aire e peixes louros
Recibindo o sabor da túa paisaxe:
húmidas aves novas do teu peito
Aquí estou meu amor aquí me choves

Luz Pozo Garza

No hay comentarios: